Ribera pídelle aos conselleiros de Asturias, Cantabria, Galicia e Castela e León que traballen conxuntamente en accións para protexer os gandeiros e promover a convivencia co lobo ibérico.
Fecha de publicación:
15 de febreiro de 2021. A vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, mantivo hoxe unha reunión cos conselleiros de Castela e León, Galicia, Asturias e Cantabria para abordar o novo escenario tras a decisión de incluír todas as poboacións de lobo ibérico na Lista de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, adoptada pola Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade na súa reunión do 4 de febreiro.